"Entrar na pintura sen saber debuxar é coma lanzarse a un mar profundo sen saber nadar"

LEONORA CARRINGTON

Grupos reducidos
Aulas totalmente personalizadas
Docentes
Especializados e licenciados
+ de 15 años de experiencia
Aire libre
Impartimos obradoiros
en cotacto coa natureza

Existe un pracer básico en pintar, tomar un lapis e desfrutar do proceso creativo. A pintura e o debuxo favorecen a concentración, paciencia, perseverancia, disciplina, creatividade… e son unha forma de expresión na que manifestar sentimentos, emocións e pensamentos.

Inscripción aberta:

As nosas aulas están orientadas a todos os públicos e niveis: desde os principiantes (sen experiencia previa) ata os avanzados (iniciados na materia).

Nen formulas “máxicas” nen workshops de dous días milagrosos para converterse nun artista. Como non nos gusta a comida rápida, non confiamos neses métodos de ensinanza exprés e de efectismos lowcost.

Aulas de pintura xuvenil en Compostela

O obxectivo é transmitir os nosos coñecementos de forma personalizada. Por tanto, acompañaremos a cada alumno no seu proceso de creación, xa que a partires dunha boa base os caminos son infinitos. Daremos importancia á técnica e creatividade, para lograr unha total soltura de expresión e estilo.

O noso traballo ven respaldado por unha longa traxectoria de profesionais especializados e con unha ampla experiencia.

Facemos especial atención a que o xogo sexa a actividade primordial do obradoiro, será a nosa principal ferramenta de investigación, descubrimento e aprendizaxe como tamén de conexión con un mesmo, atopando así un camiño de libertade de expresión.

Se buscas un obradoiro de arte en Santiago de Compostela no que ensinemos os coñecementos necesarios para crear un mesmo, sen estar coxeando e atado siempre ás láminas ou fotografías. Utilizando directamente o natural como referencia. Adquirendo os coñecementos de grandes mestres do debuxo e a pintura. Alonxándose así de tantas “aulas de pintura” que acaban convertíndose en aulas de manualidades e confunden os verdadeiros coñecementos necesarios para traballar creativamente.

Como obradoiro de debuxo e pintura partimos da base que todos “podemos” debuxar e crear. E como confiamos nelo apoiámosvos en todo o camiño e deste modo volcámonos nel.

Ti marcarás o teu propio ritmo, mergullándote no mundo da arte con total liberdade So necesitas curiosidade e gañas de aprender.

Horarios e tarifas. Curso 2021-2022

Estaremos desde Setembro ata Xuño, seguindo co calendario escolar, pero podes anotarte en calquera momento do ano. Obradoiro especializado para rapazada de 4 a 12 anos

Xoves: de 18:45 a 20:25

Prezo mensual: 50€

Recomendable entre 10 e 16 anos

Docentes

As aulas están impartidas pola artista:

Inscripción aberta curso 2021-2022

Ven a coñecernos sen compromiso

Debuxo e pintura xuvenil
Xoves de 18:40 a 20:20
Dende 50,00 €
Últimas prazas
Non quedan prazas? Apúntate en LISTA DE ESPERA e irémosvos chamando.
Dispoñemos dalguna praza máis dependendo das restricións de aforo pola COVID19.
Ver más cursos y monográficos
Covid 1
As nosas medidas contra o covid
Limpeza e desinfección diaria das instalacións para unha contorna segura
Amplias instalacións e grupos reducidos con distancia de separación de 2 metros entre alumnado
Control de calidade do aire mediante un sistema de renovación de aire, que teremos funcionando continuamente para maior seguridade e comodidade
Para asegurar máximo confort, dispoñemos de calefacción mediante chan radiante
Protocolo de prevención responsable e eficiente durante a túa estancia

Grazas polas súas reseñas

Llevo llendo desde hace 1 año y aun q no es mucho he aprendido un montón gracias a Bea y al resto de compañeras, además el ambiente es genial ya que se nota las ganas que tiene Bea de enseñar de verdad y de que aprendamos todo lo que sea posible la profesión del artista. Gracias Bea :)
Andrea
Dicen que "Nada pasa por casualidad". Y yo por casualidad descubrí a Beatriz Seijo y desde entonces la nada lo es todo porque estoy deseando que llegue el martes para abstraerme de todo y disfrutar como una enana pintando lo que sea. Desde que voy a sus clases, veo el mundo de colores..
Mirella
Una artista estupenda !!!! Me encanta la expresividad q tiene en sus obras y su forma de pintar!! Y una profesora entregada a sus alumnos. Mi hija acude a sus clases desde el año pasado y está encantada!!!! Es excepcional como artista y como profesora ☺️☺️☺️☺️ La recomiendo en todos los aspectos!!!
Hugo SR

Created by Beatriz Seijo

Beatriz Seijo - Artist Studio + Gallery

Av da Liberdade 13, Santiago de Compostela, A Coruña

689 014 365

email